Sexto Home do Ano da NBA

O Sexto Home do Ano da NBA (en inglés: NBA Sixth Man of the Year Award) o recibe o mellor xogador dun equipo da National Basketball Association (NBA) que sae dende o banco a xogar nos partidos. O gañador é seleccionado por un grupo de periodistas deportivos tanto dos Estados Unidos como no Canadá, votando cada un polo primeiro, segundo e terceiro posto. Cada elección na primeira praza conta 5 puntos, na segunda son 3 e na terceira 1. O xogador coa maior suma de puntos totais, a pesar do número de votos na primeira posición, gaña o galardón. Para ser elixible, o xogador ten que disputar máis partidos saíndo dende o banco que de titular.

Dende a súa creación catro xogadores gañaron o premio en máis dunha ocasión: Jamal Crawford, Kevin McHale, Ricky Pierce e Detlef Schrempf, todos dúas veces. Ben Gordon converteuse no 2005 no primeiro rookie en conseguir dito galardón, mentres que McHale e Bill Walton son os únicos vencedores que están incluídos no Basketball Hall of Fame. Manu Ginobili, Schrempf, Leandro Barbosa, Toni Kukoč e Gordon son os únicos xogadores non estadounidenses que gañaron o galardón. En canto equipos, o máis galardoado son os Phoenix Suns é o equipo con catro premios, seguido de Boston Celtics, Dallas Mavericks e New York Knicks con tres.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search